Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

SEMANA DE SAMAÍN

Imagen
 Ao longo semana celebramos Samaín e fixemos moitísimas  actividades.  Cando os nen@s chegaron o LUNS puideron observar a  terrorífica decoración do  cole. Quedaron sorprendidos coas  arañas, esqueletos, cabazas, teas e araña..... Así que  decidimos facer unhas terroríficas pantasmas para colaborar  coa  decoración. Primeiramente pintámonos as mans de branco para estampalas nunha cartolina negra, e para finalizar pintámoslles os ollos e a boca. Qué chulis as nosas pantasmas!! O MARTES chegounos a nosa maleta de clase, e ao abrila atopámonos cun bonito conto " 8 PATAS de Ana Meilán". Trata dunha araña...á que.... non lle gustaba tecer. Pobre araña!! Pero puido descubrir outras cousas que lle gustaban facer... Ao longo da semana profundamos sobre o conto e elaboramos a Lucy, nosa araña protagonista.  Estampamos as mans pintadas de negro nun prato branco para facer o corpo. Despois fixemos e pegámos  os ollos e os seus calcetíns de cores. Para finalizar cosemos a súa tea de arañ