Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

VISITA DOS REIS MAGOS

Imagen
 Menuda sorpresa!!! Viñeron os Reis Magos a vernos!!! Moi emocionados e ilusionados coas cartas preparadas para as súas maxestades!! Cada un, entregou a súa carta a un Rei contándolle os seus desexos. BO NADAL!!

O FESTIVAL, UN DÍA MOI ESPECIAL

Imagen
 Despois de moitos días de ensaios, onde o pasamos xenial e rímonos un montón, chegou o gran día "O festival". Todos estabamos moi nerviosos pero tamén con moitas ganas e ilusión por representar o conto    " O Ratiño Presumido" e o baile "Imaxina" para celebrar a gran voda.    https://www.facebook.com/watch/?v=568227524652456 Fixérono xenial e esforzáronse un montón!!! Viva!! Son xeniais!!

HÉCTOR DISFRUTANDO DAS LUCES DE NADAL EN OURENSE

Imagen
  Héctor, estaba súper ilusionado contándonos o ben que o pasou o finde semana en Ourense coa súa familia. A cidade estaba moi bonita, con moitas luces e adornos de Nadal.  Sacou moitas fotos con Olaia, mirade que chulis... E tamén estivo con.... Papá Nöel ....o que lle pediu moitas cousas... Moitas grazas por compartir estos momentos tan bonitos connosco!!

CHEGA O NADAL

Imagen
 Entre risas, xogos, bailes e cancións, chega unha época moi especial para nosos peques " O Nadal". Así que, con moita ilusión decoramos a nosa árbore, a clase, fixemos as nosas postais, manualidades...entre outras. E tamén boliñasssss......     UN BOTE CHEO DE ILUSIÓN, NEVE E MOITO BRILLI BRILLI... Primeiramente enroscando limpiapipas de cor verde fixemos un arboliño, despois puxémoslle de cor vermella simulando as bólas e de cor prata para a estrela. Unha vez listo e pegado, puxémoslle goma eva de cores, neve e moito brilli, brilli....  Que bonitos!! E así de chulis quedaron!!