Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

OBRADORIO DE LABORATORIO CON NOELIA

Imagen
  Tivemos unha visita moi especial, a mamá de Leonor. Noelia explicounos en que consiste o seu traballo no laboratorio.  O laboratorio é un lugar dotado dos medios necesarios para realizar investigacións, experimentos, prácticas e traballos de carácter científico, tecnolóxico ou técnico; está equipado con instrumentos de medida ou equipos cos que se realizan experimentos, investigacións e prácticas diversas. A través dun microscopio puidemos ver placas con mostras de sangue dalgunhas persoas. Aprendemos e vimos o que son os glóbulos brancos, vermellos e plaquetas.                                                                                                                         MANUALIDADE CON SAL DE CORES   O primeiro, colocamos o sal nun papel e cunha tiza de cor fregamos co sal ata conseguir unha cor uniforme.  Así, o fomos facendo con varias cores.  Unha vez finalizado, metemos con moito coidado cada cor nun tarro facendo pequenas montañas.  E así de bonitiño qued ounos.   Tam

LEONOR, UN DOMINGO DE PESCA

Imagen
  Leonor moi emocionada contounos o ben que o pasou,    foi unha tarde de pesca moi divertida. 

COÑECEMOS A CHOLO E A NELA

Imagen
A convivencia Cholo e Nela xa ten data de volta. Tras catro anos de parón, e tal e como tiñan previsto no CEIP Julio Gurriarán onde naceu, o 30 de maio do 2024 volverá a celebrarse no centro xermen que a viu nacer. Así, levarán a cabo un conxunto de experiencias en forma de obradoiros con temas transversais e de educación en valores co  título " Cholo e Nela,Camiño de ida e volta".   Facendo referencia ao Camiño de Inverno para poñelo en valor, porque é o que pasa pola nosa bisbarra.  As lendas, os trazados, a historia da ruta xacobea terán especial atención nas actividades da conviviencia pero tamén, a igualdade, o respecto, a defensa da lingua, etc., sempre desde a escola pública e a nivel do ciclo de Infantil”.  E así de animados fomos a coñecer a Cholo e a Nela e pasámolo xenial.