OBRADORIO DE LABORATORIO CON NOELIA
Tivemos unha visita moi especial, a mamá de Leonor. Noelia explicounos en que consiste o seu traballo no laboratorio.
O laboratorio é un lugar dotado dos medios necesarios para realizar investigacións, experimentos, prácticas e traballos de carácter científico, tecnolóxico ou técnico; está equipado con instrumentos de medida ou equipos cos que se realizan experimentos, investigacións e prácticas diversas.
A través dun microscopio puidemos ver placas con mostras de sangue dalgunhas persoas. Aprendemos e vimos o que son os glóbulos brancos, vermellos e plaquetas.
MANUALIDADE CON SAL DE CORES
O primeiro, colocamos o sal nun papel e cunha tiza de cor fregamos co sal ata conseguir unha cor uniforme. Así, o fomos facendo con varias cores.
Unha vez finalizado, metemos con moito coidado cada cor nun tarro facendo pequenas montañas.
E así de bonitiño quedounos.
Moitas grazas por compartir este día tan bonito connosco.
Comentarios
Publicar un comentario