Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

IMOS DE EXCURSIÓN A QUIROGA

Imagen
  A nosa primeira saída, o xoves fomos de excursión a Quiroga.  Primeiramente visitamos o museo Etnográfico. O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga  abriu as súas portas o día 24 de marzo de 2007 coa ilusión de investigar, recuperar, xuntar, expoñer e por tanto protexer o Patrimonio Cultural en todas as súas facetas. Na actualidade a colección etnográfica do Museo, composta por algo máis de 1000 pezas recollidas no territorio do Geoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, que agrupa aos Concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, é unha das coleccións etnográficas máis completas e interesantes de Galicia. Os contidos do Museo Etnográfico de Quiroga están relacionados, por unha banda cos catro produtos típicos do Geoparque Montañas do Courel: o viño, a castaña, o aceite e o mel; por outra, cos catro materiais esenciais para o desenvolvemento da vida nesta contorna: a pedra, o ferro, a madeira e os tecidos. Tamén teñen o seu espazo, como non podía ser doutra maneira, o c

VISITA DO GRUPO DE EMERXENCIAS E SALVAMENTO (G.E.S) DO BARCO

Imagen
 Hoxe no Cole puidemos coñecer ao Grupo de Emerxencia e Salvamento de O Barco. Explicáronnos en que consiste o seu traballo:  - Procura e localización de persoas desaparecidas.  - Rescate de persoas atrapadas.  - Salvamento de vidas e bens.  - Colaboración na localización, extinción, vixilancia e seguimento de incendios forestais. - Entre outras... Ensináronnos os camións, os distintos utensilios que levan, puxémonos os seus cascos, xogamos coa mangueira, deitámonos na camilla e subímonos á lancha cos chalecos....  Que diver!!!

VISÍTANOS A HIXENISTA

Imagen
 Tivemos unha visita moi especial:  " A Hixienista Cristina". Explicounos a importancia dun coidado apropiado dos dentes e as enxivas. Como debemos cepillarnos e enxaugarnos diariamente. Tamén é importante facerse exames dentais de rutina e recibir os tratamentos necesarios.  E así estivemos a practicar: Ao finalizar, estivemos a separar os alimentos saudables dos non saudables. Que ben o pasamos!!