PEQUENOS ARTÍSTAS

"SEGUIMOS AS INSTRUCIÓNS DE HERVÉ TULLET PARA DISEÑAR UN CAMPO DE FLORES"




OBRADOIRO DE HERVÉ TULLET: "DEBUXAMOS A NOSA ESTRADA"




¡¡¡E CHEGOU A PRIMAVERA!!








DECORAMOS OVOS DE PASCUA




 







PINTAMOS FLORES EN PAPEL DE ALUMINIO



EXPERIMENTAMOS COA ESCUMA







E FACEMOS DEBUXOS, ESCRIBIMOS O NOSO NOME, NÚMEROS....

 



RECETA DE HERVÉ TULLET: 

"ARROZ AZUL"

 

    

PINTAMOS CON XEO: "A ARTE MÁIS REFRESCANTE" 

Pintar con xeo ofrece, máis aló da experiencia artística, unha sensación sensorial engadida: o frío!
Así que vos explico como fixemos nos estes “cubiños pintura”.


INGREDIENTES E MATERIAIS
Auga
Colorante alimentario
Vasos (tantos vasos como cores distintas queiramos facer)
Cubeta de xeo
Papel
Escarvadentes de xeados 


PROCEDEMENTO
A preparación é moi sinxela. O único que habemos de facer é engadir colorante alimentario á auga.
Unha vez temos a auga de cores poñémola na cubeta de xeo e ao conxelador! 
E unha vez listos, a pintar....




BONECO DE NEVE

Coa chegada do inverno decidimos decorar a nosa aula, por iso, realizamos o noso boneco de neve utilizando diversos materiais.




OS MINIMUNDOS

  Os minimundos son a expresión material da imaxinación e a creatividade de nenas e nenos. Ademais, permítenlles poñer en práctica todo o seu vocabulario e son un escenario perfecto para poñer en marcha a psicomotricidade fina.
  Os minimundos son unha expresión de xogo simbólico libre non estruturado, na que os nenos e as nenas representan de forma real momentos da súa vida cotiá ou escenarios imaxinarios a pequena escala, usando todo tipo de materiais, xa sexan estruturados ou non, pezas soltas e obxectos do día a día.
  Facilitando a creación de minimundos estamos a activar unha batería de xogos distintos, como os xogos de construción, de coñecemento científico, de relacións sociais, de fomento da imaxinación e a fantasía ou o xogo simbólico, tan importantes no seu desenvolvemento.
Así, creamos os nosos minimundos: 







ESTAMPAXES CON FOLLAS SECAS

               

                    

               

                  

           

A NOSA ÁRBORE DE OUTONO

Para darlle unha boa benvida á nova estación, quixemos
decorar a nosa aula con algúns motivos outonais.
Fixemos unha árbore en cartolina negra utilizando a técnica
das esponxas. Primeiramente colocamos o molde encima da
cartolina negra, e a continuación, mollando as esponxas en
pinturas de varias cores, fomos plasmando. E así nos quedou:

















Que vos parece? Gustouvos??

OUTRAS ACTIVIDADES: GRAFISMOS CREATIVOS











Comentarios

Entradas populares de este blog

DOCE DE NADAL

A SEMANA DE SAMAÍN

BENVIDOS AO NOVO CURSO