ASÍ TRABALLAMOS NA ASEMBLEA
Cantamos a canción ¿Hola como estás?"
Seguidamente eleximos ao encargado que se pon o seu medallón e comeza a pasar lista.
Despois o encargado coloca as letras magnéticas do seu nome e o escribe. Conta as letras do seu nome, pon o número e cantamos nomeando todas as letras e os sons de cada unha delas.
De seguido o encargado debúxase a se mesmo tentando non esquecerse de ningunha parte do corpo.
A continuación, cantamos a canción dos días da semana e colocamos o día que corresponde no mural. Poñemos no tren segundo corresponda:"Onte foi"..... "Hoxe é"... "Mañá será"
Tamén marcamos no noso calendario o día que é.
Despois observamos o tempo que fai e a estación na que estamos para colocalo no mural da aula.
Para saber o que nos toca facer ao longo do día, colocamos por orde a sucesión das actividades: Asemblea, traballo en recunchos, patio, merenda..
OUTRAS ACTIVIDADES NA ASEMBLEA: "APRENDEMOS XOGANDO"
O XOGO DA TAPITA
Este xogo consiste en coller un nome dun neno/ a do grupo ao azar. Tápase o nome por completo e aos poucos vanse descubrindo as letras empezando pola primeira. Os nenos/as teñen que pescudar que nome empeza por esa letra ou que nome ten as letras que se van ensinado. Perooo... a cousa se complica cando a primeira é a letra "A"..toca seguir destapado!!!
A PALABRA PROTAGONISTA
- Pensamos nunha palabra, construímola coas letras e pronunciando os sons.
- Tentamos escribila.
- Contamos as sílabas, colocamos as palmadas e o número.
- Colocamos as vogais que ten a palabra
- Volvemos a escribir a palabra no "contador de letras" para saber cantas letras ten e colocar o número correspondente.
O NÚMERO PROTAGONISTA
-Tiramos o noso dado e traballamos co número que nos toque.
-Buscamos o número, e todos o repasamos co dedo e ao finalizar o encargado cun rotulador.
-Buscamos como se escribe ese número.
- Montamos as tartarugas que corresponden no autobús, o número de dedos, o dado cos puntos e as estrelas segundo o número protagonista.
- Poñemos os pelos a "Pelón e Pelona" segundo corresponda.
- Na recta sinalamos o número cunha pinza e abrimos as xanelas para coñecer aos amigos do número protagonista( o anterior e o posterior)
- Por último, facemos a retroconta dende o número ata o 0.
Comentarios
Publicar un comentario