Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Imagen
  Benvidos peques!! Comeza unha nova aventura, un curso que seguro será especial. É momento de coller a mochila, novas pinturas, eses libros con cheiro a novo... Sen esquecernos de incluír algunhas das cousas indispensables para este novo comezo: ilusión por aprender cousas novas, entusiasmo por ver aos vosos amigos, ganas de reencontros, abrazos que quedaron pendentes, risas cheas de nervios por volver empezar... Deséxovos un curso cheo de emocións. Que vos emocionedes e sorriades coa mesma facilidade, que non deixedes de aprender cun sorriso, que gocedes do cole e de todo o que se vive entre estas paredes. Lembrade que aprender e ser feliz han de ir da man. Sodes os protagonistas deste bonito conto. Un reencontro cheo de emoción:  Bo inicio de curso!!