Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

CINE: VALENTINA

Imagen
                                        Hoxe fómonos ao cinema para gozar da película de "Valentina" e coñecer ás súas autoras. A película de Valentina foi nomeada co Goya á mellor longametraxe de animación.                                             Valentina soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra. Que ben o pasamos !!

ROBÓTICA

Imagen
Encántanos xogar cos robots e os seus paneis.  Que diver!!  

RATIÑO PÉREZ

Imagen
 RATIÑO PÉREZ Noticia moi importante: "A Leonor caéuselle o seu primeiro dente" Gardamos con moito coidado o dente para deixarllo a Pérez peroooooo .....o dente perdeuse!! Así que lle escribiu unha carta para contarllo e moi comprensivo Pérez visitouna para deixarlle a moeda.  Moi emocionada contábanolos. 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

Imagen
 Tivemos unha visita moi especial, o papá de Mateo.  Estivo a ensinarnos como podemos facer que un timbre soe, como se acenden as luces, como podemos pasar auga dunha xerra a outra...etc           A continuación, cada neno montou o seu propio coche: - Pintamos o rolo de papel  - Colocamos un paliño de madeira e catro tapóns que se converteron nas rodas. - Pegámoslle un ventilador pequeno que funciona con pilas para que camiñe. - E listo o noso coche... correrá ??      Pasámolo xenial!!!