OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Tivemos unha visita moi especial, o papá de Mateo.
Estivo a ensinarnos como podemos facer que un timbre soe, como se acenden as luces, como podemos pasar auga dunha xerra a outra...etc
A continuación, cada neno montou o seu propio coche:
- Pintamos o rolo de papel
- Colocamos un paliño de madeira e catro tapóns que se converteron nas rodas.
- Pegámoslle un ventilador pequeno que funciona con pilas para que camiñe.
- E listo o noso coche... correrá ??
Pasámolo xenial!!!
Comentarios
Publicar un comentario