O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"

 "Hoxe é un día especial porque chegamos ao final dun capítulo, pero estou segura de que vós, pequenos graduados, estades listos para comezar o seguinte. 


Recordo perfectamente o primeiro día que chegastes ao Cole, cheos de ilusión, curiosidade e enerxía. Compartimos moitas cousas marabillosas durante estes anos. Desde aprender a contar e a escribir, ata xogar e rir xuntos. Foron uns anos cheos de aprendizaxes, risas e momentos inesquecibles que sempre levarei no meu corazón.
Quero agradecervos de todo corazón por permitirme ser parte das vosas vidas durante estes marabillosos anos. Foi unha honra e un privilexio ser vosa "profe Cris" e ver como crecestes e evolucionastes ao longo do tempo.
Sempre levarei comigo os momentos vividos xuntos, as anécdotas compartidas e as leccións aprendidas. Sempre seredes unha parte importante da miña historia, e espero que nunca esquezades a marca que deixades no meu corazón.
                                
                                       













Deséxovos todo o mellor nesta nova etapa que comeza, os meus queridos peques. 

Felicidades polo voso logro, clase de graduados!"Moita sorte en Primaria!

Con cariño
Cris

Comentarios

Entradas populares de este blog

DOCE DE NADAL

CONVIVENCIA CHOLO E NELA

DÍA DA PAZ