Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

VISITA ESPECIAL NO DÍA DA ÁRBORE

Imagen
 O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Árbore. Por iso, tivemos unha visita moi especial co obxectivo principal de lembrar e destacar a enorme importancia que as árbores teñen na nosa vida e na conservación do Medio Ambiente, creando, deste xeito, conciencia sobre o coidado dos recursos provenientes desta fonte natural. Primeiramente, saímos a colocar unhas casiñas para paxaros nas árbores do patio.  Despois fomos a plantar landras, castañas...e tres árbores noutra zona do patio.  E Finalmente cada un plantou un xirasol. Pasos:  - Botamos terra no noso bote. - Colocamos as sementes (pipas)                        - Volvemos botar terra por encima                                                                                                        - E regamos               ç                                            Que ben o pasamos!!!

SEMANA DA PRENSA

Imagen
Con motivo da semana da prensa, realizamos diversas actividades para comprender a súa importancia: -Convertémonos en escritores. Escribimos o noso nome cunha máquina de escribir antiga. -Recortamos noticias que nos pareceron interesantes. -E recortamos letras dun xornal para crear a nosa choiva de letras. Que ben o pasamos!!