VISITA ESPECIAL NO DÍA DA ÁRBORE
O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Árbore. Por iso, tivemos unha visita moi especial co obxectivo principal de lembrar e destacar a enorme importancia que as árbores teñen na nosa vida e na conservación do Medio Ambiente, creando, deste xeito, conciencia sobre o coidado dos recursos provenientes desta fonte natural.
Primeiramente, saímos a colocar unhas casiñas para paxaros nas árbores do patio.
Despois fomos a plantar landras, castañas...e tres árbores noutra zona do patio.
E Finalmente cada un plantou un xirasol. Pasos:
- Botamos terra no noso bote.
- Colocamos as sementes (pipas)
- Volvemos botar terra por encima
- E regamos
Que ben o pasamos!!!
Comentarios
Publicar un comentario