Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

CHEGA O NADAL

Imagen
  Por fin chegou o Nadal!!  Unha época repleta de maxia, na que o mellor non son os agasallos senón os momentos belos que vivimos  con amigos e familia.  Despois dun longo trimestre, con moitas actividades e emocións chegan uns días de descanso para gozar en familia.  Estás últimas semanas pasámonolo así de ben: Con todo o meu agarimo, deséxovos que a maxia do nadal ilumínevos e que vos axude a conseguir todos os vosos soños. Bo nadal os meus artistas!! 

DOCE DE NADAL

Imagen
 O xoves tivemos unha visita moi especial, a mamá de Alba. Convertémonos en cociñeiros e elaboramos un doce de Nadal, " unhas árbores de nutella".  Primeiramente preparamos a masa, a untamos con nutella e cortámola en tiras.  A continuación, cada neno enroscou a súa tira facendo un churro.                                          Colocámola virando para formar unha árbore e fixemos unha estrela.  Despois a untamos ben con ovo e ao forno. Ao cabo de 10 minutos no forno...tachan, tachan... saíron ricas árbores de nutella. E, así de ricas quedáronnos:  Que ben o pasamos!! E que ricas!!  Moitas grazas pola visita e volve pronto.