Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

DOMINGUEROS LVCVS

Imagen
Este finde, Alba acompañada de Brais e dos seus papás, foron descubrir Lugo. Viron a praza Maior, percorreron as rúas históricas e subiron á muralla pola rampa da catedral.               Despois fóronse a visitar a cidade das formigas e quedaron encantados. Para terminar este domingo tan diver fixeron galletiñas na casa. Estaban moi ricas!!! Moi emocionada contounos o ben que o pasa de excursión.   Grazas por compartir estos momentos tan especiais.  

LEONOR VISITA O CASTELO DE CORNATEL

Imagen
  Leonor moi emocionada contounos a súa visita ao castelo de Cornatel coa súa familia. Alí, puideron apreciar as súas altas murallas, as torres e ver o seu interior.... Esta fortaleza, do século X, adáptase ao territorio, situándose nunha zona elevada desde onde se controla o Val do Sil. Do mesmo xeito que Ponferrada, o castelo de Cornatel pertenceu á orde dos Templarios e, posteriormente, pasou a ser propiedade do Conde de Lemos. O acceso principal ao castelo realízase bordeando o corpo máis occidental nun percorrido entre os muros e o impresionante precipicio que se abre aos pés do castelo. O percorrido está cuberto por dúas aberturas de tiro segundo vaise virando. No seu interior realízanse exposicións de forma periódica. Tamén puideron apreciar as marabillosas vistas desde a casa colgante.                  Grazas por compartir estes momentos tan especiais!!

QUE BEN O PASAMOS NO MAGOSTO

Imagen
  Como cada ano celebramos o magosto e pasámolo xenial. Estivemos a xogar aos bolos, a tirar aros, a cazar castañas, bailando...entre outros xogos. Despois comemos un bocata de chourizo e collemos castañas...Que ricooo!! E para finalizar o día bailamos e pintámonos as caras... Súper diver!!!

VISITA ESPECIAl E FIXEMOS UN CERVO E UN LOBO

Imagen
  Esta semana tivemos unha visita moi especial. Veu visitarnos a mamá dun compi e propúxonos elaborar un cervo con castañas e un lobiño con follas. Así fixemos:      E así quedaron:      Súper chulis!!!