Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

O MELLOR DÍA DE ALBA

Imagen
  Alba quixo compartir cos seus compis un día moi especial. Un día no que o pasou xenial preparando un postre monstruoso co seu irmán Brais.  Con gran emoción foi contando paso a paso como fixeron o dulce, primeiro estenderon a masa, logo a untaron con nutela...e despois de moitas risas... ao forno... Contounos que estaba deliciosa a arañaaa!!! Grazas por compartir estos momentos tan especiais en familia!!!

11 GRANDES ARTISTAS

Imagen
  A arte non é só o amor á vida e ás cousas, non é só facer as cousas ben e con estilo, non é só unha forma e estilo de vivir, a arte é a forma de expresión dun artista ao comunicar os seus sentimentos, a súa imaxinación, a súa inventiva, a súa creatividade e as súas experiencias.  O mércores ao chegar á aula atoparon diversos obxectos, empezaron a investigar e chegaron á conclusión que pertencían a artistas.  Con gran curiosidade manipuláronos creando as súas pequenas obras de arte, e así, convertéronse en 11 grandes artistas". Ao longo do curso investigaremos sobre distintos artistas como Wharhol, Paul klee, Pollock.... Así que, con pincel en man e diversas técnicas deixaremos voar a nosa imaxinación.... Alá imos!!!

ANA VISITA A CIDADE DAS FORMIGAS

Imagen
  Sabías que en Galicia está escondida a Cidade das Formigas? 🐜  Pois  Ana e a súa familia foron de excursión a esta peculiar cidade. E stá en San Clodio, unha aldeíña que pertence a Outeiro de Rei 📍 na provincia de Lugo​. De feito, desde Lugo só tardarás 15 minutos en chegar a este mundo máxico no que as raíñas son as formigas. É un lugar de conto de fadas na que as formigas che darán a benvida e iranche guiando para que poidas facer con elas unha visita turística á cidade na que habitan. Estás ready para coñecelas? Imos alá! 😊​               Pasárono xenial!!

XIRASOIS QUE PLANTAMOS

Imagen
  Acordádesvos dos xirasois que plantamos???   Pois algúns creceron moitísimo e deron moitas pipas.  Hoxe puidemos observalos e ata estivemos a recoller as súas pipas... Qué grandes!!

IMOS DE EXCURSIÓN

Imagen
  O mércores fomos de excursión ao parque próximo ao Cole para observar os distintos cambios que se producen na estación de Outono. Primeiramente con gran emoción dirixímonos ao parque. Ao chegar sentámonos, merendamos e disfrutamos xogando.  Despois fómonos a observar as distintas árbores. Algúns perden as súas follas e outros non... por que será?? Pois porque hai árbores de folla caduca que se lles caen e outros de folla perenne que nunca as perden.  Recollemos moitas follas e outros elementos de outono. Ao chegar pegamos algunhas follas na nosa árbore:   Que ben o pasamos!!

EXCURSIÓN EN VILASECO DA SERRA

Imagen
  Héctor e a súa familia foron de excursión por Vilaseco dá Serra, unha aldeíña de Viana do Bolo. Polo camiño encontaron moitos choupis e castañas.  Mirade que grandes:   Cantas castañas!! Así de contento contounos a súa aventura: Grazas por compartir estos momentos tan especiais!!

ALBA DE RUTA POLA SENDA DO OSO

Imagen
  Alba pasou un sábado espectacular de ruta coa súa familia pola senda do oso.  A famosa Senda do Oso debe o seu actual éxito ao pasado mineiro dos Vales polos que transcorre. Esta antiga vía férrea era o medio para transportar o carbón e o ferro extraído das minas entre os anos 1900 e 1963. Foi entón cando o ferrocarril apagou as súas locomotoras de vapor para comezar a transportar o carbón por estrada con camións, o que supuxo a deterioración total das vías e as pontes.   Hoxe é un dos lugares máis visitados de Asturias, o destino perfecto para amantes do sendeirismo e da bicicleta.   Así de emocionada contábanos a súa experiencia: Grazas por compartir estes momentos tan bonitos.

FINDE COMPLETIÑO DE ALBA

Imagen
  Nesta ocasión, Alba e a súa familia, forón de excursión ao aquarium. Moi emocionada contounos todo o que fixeron.                 Mirade que ben o pasaron, case os come un tiburón: Xogaron cos barcos E viron unha gran cantidade de peixes distintos: Tamén atopou unha seta:                          Qué ben o pasaron!!

DOMINGO DE PASEO DE LEONOR

Imagen
 Leonor, o domingo foise de paseo cos seus papás. Pasouno tan ben que quixo compartilo con todos os seus compañeiros. Emocionada contounos como foi o seu paseo: Ohhh!! Qué choupín máis grande..... Qué ben o pasou!! Grazas por compartir estos momentos tan especiais!!