11 GRANDES ARTISTAS
A arte non é só o amor á vida e ás cousas, non é só facer as cousas ben e con estilo, non é só unha forma e estilo de vivir, a arte é a forma de expresión dun artista ao comunicar os seus sentimentos, a súa imaxinación, a súa inventiva, a súa creatividade e as súas experiencias.
O mércores ao chegar á aula atoparon diversos obxectos, empezaron a investigar e chegaron á conclusión que pertencían a artistas.
Con gran curiosidade manipuláronos creando as súas pequenas obras de arte, e así, convertéronse en 11 grandes artistas".
Ao longo do curso investigaremos sobre distintos artistas como Wharhol, Paul klee, Pollock....
Así que, con pincel en man e diversas técnicas deixaremos voar a nosa imaxinación....
Alá imos!!!
Así que, con pincel en man e diversas técnicas deixaremos voar a nosa imaxinación....
Alá imos!!!
Comentarios
Publicar un comentario