Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Imagen
 Hoxe tivo lugar a celebración dun día moi especial, "O Día da Non-Violencia e da Paz". Como cada 30 de xaneiro, lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz. Por iso, para conmemorar este día realizamos distintas actividades:  1. Medalla da Paz. 2. Decoramos pedras coa técnica de Hervé Tullet, para formar un mandala co símbolo da Paz. 3. Decoramos pratos co símbolo da Paz, utilizando témperas de cores.   4. Todo o alumnado do centro fumos ao pavillón, sentámonos formando un gran lazo de cor verde, para ler poemas de Paz e cantar a canción "Celebra a vida".  Que ben o pasamos!!

INVESTIGAMOS SOBRE A CULTURA CASTREXA

Imagen
 Como bos detectives, espías e exploradores, estivestes a investigar sobre os castros da zona de Valdeorras. Que bo traballo!!  Descubrimos que a comarca guarda un total de 86 castros, entre eles, destacamos: "O castro do Monte Viso"," Castro Cabanelas" "O Castro de Valencia do Sil" " O castrillón" E  Irene construíu a súa pequena choza que formaría parte dun castro. Mirade que chuli!!                 Tamén recordamos todo o que aprendimos da man de Xenoveva e de Briana:  Os primeiros poboadores, os guigurros e os calubriguenses, ao descubrir os grandes beneficios do río Sil, deixaron as súas covas e asentáronse nas próximidades deste contruíndo as súas chozas.  Pero, un feito moi importante para os nosos clans e a nosa cultura en xeral foron os grupos chegados dalgúns puntos de Europa. Son os celtas, que se mesturaron cos nativos e nativas do noso mundo. Chegaron aquí fai uns dous mil anos. Ocorreu isto a finais da Idade de Bronce e a comezos da

MENSAXE DE GUIGURRÍN E DE CALUBRIGUIÑA

Imagen
Que sorpresa levámonos hoxe!! Descubrimos unha choza na aula... Ohhhh!! Quen a deixaría aquí?? Mirade trae unha nota!! De quen será?  Pois si, de Guigurrín e de Calubriguiña.  A nota decía o seguinte:  "Co descubrimento do Río Sil, decidimos trasladarnos ás súas beiras e construír nosas propias chozas. Un bo día chegaron novos habitantes chamados Celtas e propuxéronnos organizar as nosas chozas en forma circular, chamándoos "Castros". En Galicia podemos atopar moitos castros.... Anímaste  a  investigar?  Cales están na zona de Valdeorras??" Xa me contaredes as vosas pesquisas!!