INVESTIGAMOS SOBRE A CULTURA CASTREXA

 Como bos detectives, espías e exploradores, estivestes a investigar sobre os castros da zona de Valdeorras. Que bo traballo!! 

Descubrimos que a comarca guarda un total de 86 castros, entre eles, destacamos: "O castro do Monte Viso"," Castro Cabanelas" "O Castro de Valencia do Sil" " O castrillón"

E  Irene construíu a súa pequena choza que formaría parte dun castro. Mirade que chuli!!




Tamén recordamos todo o que aprendimos da man de Xenoveva e de Briana: 

Os primeiros poboadores, os guigurros e os calubriguenses, ao descubrir os grandes beneficios do río Sil, deixaron as súas covas e asentáronse nas próximidades deste contruíndo as súas chozas. 

Pero, un feito moi importante para os nosos clans e a nosa cultura en xeral foron os grupos chegados dalgúns puntos de Europa. Son os celtas, que se mesturaron cos nativos e nativas do noso mundo. Chegaron aquí fai uns dous mil anos. Ocorreu isto a finais da Idade de Bronce e a comezos da de Ferro. 

Xuntos levantaron grandes poboados. Son os castros, rodeados con muros de pedra para unha mellor defensa fronte os inimigos.

Aquí temos o noso pequeno castro: 


E como se organizan eses pobados?? 

Xenoveva explicounos que no interior están as casas. Arredor dunha pequeña praza central érguense as vivendas de pedra, que compartían cos animais domésticos nos períodos de máis frío, para aproveitar a calor que proporcionan. 

                                       

A alimentación seguía baseándose nos cereais, leguminosas, carne( corzo, xabarían…)

Co pelexo dos animais  facíanse capas de abrigo e calzas para os pés

Desenvolvíase unha moi interesante industria da metalurxia e a ourivería: torques, brazaletes colares.

Os castrexos relacionábanse con outros pobos. Fenicios e gregos viñan a trocar mercancías dos seus países por minerais, salga de peixe, carnes, entre outros. Como fixeron  Briana e Xenoveva que intercambiaron peles por alimentos e minerais.

     

Canto aprendemos!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

DOCE DE NADAL

A SEMANA DE SAMAÍN

BENVIDOS AO NOVO CURSO