Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

LEONOR GOZA DUN DÍA NA NEVE

Imagen
  Leonor divírtese cos seus pais na neve. Xogan con ela,  fan bolas, e un boneco súper chulo con brazos de paus e ollos de castañas.  Grazas por compartir este día tan especial connosco!!

CHEGARON OS ROMANOS A COMARCA DE VALDEORRAS

Imagen
  Durante douscentos anos os exércitos de Roma tentaron conquistar o noroeste peninsular habitado por os celtas, os lusitanos e os ástures. Foi o emperador César Augusto quen consegiu conquistar o noroeste peninsular. Polo tanto, investigamos sobre o paso dos romanos na comarca de Valdeorras. E isto foi todo o que descubrimos:  - A lingua de Roma, o latín, mesturouse coa lingua dos castrexos dando orixe ao galego.  -Os poboados celtas deixan de alzarse nos montes para facelo nas planicies e chairas onde se constrúen cidades, vicus, pontes, e calzadas que comunican Roma con todos os territorios galegos.                                     Constrúen a Vía Nova, que cruzaría toda a comarca; vía de comunicación que utilizaban para transportar cara a Roma produtos do campo, ouro e outros minerais.  Para salvar os ríos levantaron maxestosas pontes das que aínda se conservan restos:  A CIGARROSA PONTE DE ÉNTOMA PONTE DE BIBEI - Cultívase o trigo, a cebada e as legumes; son abondosas as árbore

CHEGOU O ENTROIDO AO COLE

Imagen
 Foi unha semana moi emocionante e divertida para todos. Cada día tiñamos unha orde que cumprir: *Convertémonos en cociñeiros cuns mandís moi chulisss. Con moita fariña elaboramos unhas palmeritas moi ricas. Mmmmm....                                                                                                                                      E así quedaro n:                     Despois gozamos dunha instalación artística moi divertida...Experimentamos con confetti,  serpentinas, brilli- brilli, vasos de cores, limpiapipas,...deixando voar a nosa imaxinación....  Ao rematar, pintamos uns corazóns coa técnica do artísta "Romero Britto".  *O mércores convertémonos en bombeiros, indios, en sonic, en unicornios, en princesas, en harry potter, en mércores, ...e chegaron os romanos a visitarnos.  *O xoves, cos nosos pixamas calentiños fomos ao cole. *O gran día, tocaba disfrace relacionado coa maxia...chegaron moitos harrys, princesas, bruxas.... Desfile polo Cole e a festaaa