CHEGARON OS ROMANOS A COMARCA DE VALDEORRAS
Durante douscentos anos os exércitos de Roma tentaron conquistar o noroeste peninsular habitado por os celtas, os lusitanos e os ástures. Foi o emperador César Augusto quen consegiu conquistar o noroeste peninsular.
Polo tanto, investigamos sobre o paso dos romanos na comarca de Valdeorras. E isto foi todo o que descubrimos:
- A lingua de Roma, o latín, mesturouse coa lingua dos castrexos dando orixe ao galego.
-Os poboados celtas deixan de alzarse nos montes para facelo nas planicies e chairas onde se constrúen cidades, vicus, pontes, e calzadas que comunican Roma con todos os territorios galegos.
Constrúen a Vía Nova, que cruzaría toda a comarca; vía de comunicación que utilizaban para transportar cara a Roma produtos do campo, ouro e outros minerais.
Para salvar os ríos levantaron maxestosas pontes das que aínda se conservan restos:
- Cultívase o trigo, a cebada e as legumes; son abondosas as árbores froiteiras como a maceira, a pereira, o cereixo, castiñeiros, figueiras, morais e nogueiras.
- Plántanse as primeiras vides.
- A gandería mellora e esténdense especies como os cabalos, porcos, galiñas capóns, vacas, bois, cabras e ovellas.
- Nesta época é moi importante a pesca que se leva a cabo nas piscarias e caneiras. Abondan as anguías, as troitas, os barbos, as carpas e as bogas.
- A carón dos arroios e dos ríos constrúen muíños de pedra, movidos pola auga para triturar o trigo, a cebada e o centeo para facer fariña.
- En tempos dos visigodos acuñáronse moedas. Os principais impusores foron os seus reis Recadero, Witerico, Sisebuto e Suintila. Acuñáronse en Laruclo (Larouco), Casaio, Georres(na Proba) e en Pincia( Viana do Bolo).
Cantas cousas descubrimos!!!
Comentarios
Publicar un comentario