DOCE DE NADAL
O xoves tivemos unha visita moi especial, a mamá de Alba. Convertémonos en cociñeiros e elaboramos un doce de Nadal, " unhas árbores de nutella". Primeiramente preparamos a masa, a untamos con nutella e cortámola en tiras. A continuación, cada neno enroscou a súa tira facendo un churro. Colocámola virando para formar unha árbore e fixemos unha estrela. Despois a untamos ben con ovo e ao forno. Ao cabo de 10 minutos no forno...tachan, tachan... saíron ricas árbores de nutella. E, así de ricas quedáronnos: Que ben o pasamos!! E que ricas!! Moitas grazas pola visita e volve pronto.
Comentarios
Publicar un comentario