IMOS DE EXCURSIÓN A QUIROGA

 
A nosa primeira saída, o xoves fomos de excursión a Quiroga. 


Primeiramente visitamos o museo Etnográfico.

O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga  abriu as súas portas o día 24 de marzo de 2007 coa ilusión de investigar, recuperar, xuntar, expoñer e por tanto protexer o Patrimonio Cultural en todas as súas facetas.
Na actualidade a colección etnográfica do Museo, composta por algo máis de 1000 pezas recollidas no territorio do Geoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, que agrupa aos Concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, é unha das coleccións etnográficas máis completas e interesantes de Galicia.
Os contidos do Museo Etnográfico de Quiroga están relacionados, por unha banda cos catro produtos típicos do Geoparque Montañas do Courel: o viño, a castaña, o aceite e o mel; por outra, cos catro materiais esenciais para o desenvolvemento da vida nesta contorna: a pedra, o ferro, a madeira e os tecidos. Tamén teñen o seu espazo, como non podía ser doutra maneira, o campo e a gandería, a estancia principal da casa: a cociña baixa e a entrañable escola unitaria das nosas aldeas.
Nestas instalacións tamén pode verse desde hai algún tempo un dos famosos coches de Salvador Ontiveros Álvarez e a magnífica imprenta da lendaria tenda O Malgaste.
Todos os contidos presentes nesta colección atopan a súa síntese na recreación dunha aldea tradicional destas montañas coa exposición das maquetas que foron decorado da película galega de animación O Apóstolo, de “Artefacto Producións”; onde pedra, madeira, ferro,etc., atopan o seu lugar para facilitar a vida das xentes desta terra dura pero agradecida.




Despois visitamos o museo Xeolóxico. O Museo Xeolóxico de Quiroga é un dos piares do Geoparque Montañas do Courel.Tamén é o primeiro museo galego dedicado integramente á interpretación do patrimonio xeolóxico.
Puidemos observar  unha completa colección das rocas e minerais máis representativos do Geoparque.
O Geoparque constitúe unha contorna excepcional para o estudo da evolución da vida. Destacan animais invertebrados, aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, como os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes lanudos, cervos...
As primeiras ocupacións humanas de Galicia. A historia de Elba, a pastora das Montañas do Courel. 
Observamos os utensilios paleolíticos feitos en pedra....entre outras cousas. 



Pasámolo xenial!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

DOCE DE NADAL

A SEMANA DE SAMAÍN

BENVIDOS AO NOVO CURSO