Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

OBRA DE TEATRO: " EL ARBOLITO Y LA BUBILLA"

Imagen
 O xoves 23 tivemos unha saída moi especial, fomos ao teatro Bergidum en Ponferrada. Como cada mañá chegamos ao Cole ás 9.15, preparámonos, colocámonos en fila e camiñamos ata a estación de autobuses.  Moi ilusionados montámonos no bus e cantamos todo o camiño ata Ponferrada. Ao chegar, merendamos e descansamos un pouquiño antes de entrar. Ao finalizar a merenda, entramos ao teatro Bergidum e fómonos sentando nas butacas. A obra de teatro " o arbolito e a bubilla" foi moi animada xa que puidemos cantar e bailar. Gustounos moito a obra de teatro.  Cando terminou a función, fomos ao parque do Posío e alí vimos " pavos reais".  Despois sentámonos a comer e a descansar un pouquiño. Ao terminar fomos a xogar ao parque e ao arenero. Pasámolo xenial e moi cansos chegamos ao bus para regresar a casa. Un día súper!!

XIÁN PASA UNS DÍAS EN PARÍS E EN DISNEY

Imagen
  Xián, moi ilusionado contounos o ben que o pasou en París e sobre todo en Disney.                                                         En Disney coñeceu unha chea de personaxes como Mickey, Alicia, entre outros. Tamén montouse en varias atraccións, disfrutou varios espectáculos... Así de ben o pasou:                                                                                                 Grazas por compartir estos momentos tan especiais!!

LEONOR VISITA A CANTARA DA MOURA

Imagen
  Leonor visita a "Cántara da moura" cuns amigos.   A " Cántara da moura" é un recuncho máxico, cheo de lendas e historias e onde a cor e a maxia da natureza envolve un bosque autóctono.  Localízase na Veiga, na parroquia de Corzos. Trátase dun percorrido curto pero moi intenso, onde a imaxinación nos desbordará ao observar cada pedra deste río. As súas formas, as pequenas fervenzas e as súas lendas achegarannos a un mundo máxico e envolvente onde as «mouras» encantarannos cos seus feitizos. Así de ben o pasou:  Grazas por compartir estos momentos tan especiais!!

EXCURSIÓN A MARCELLE

Imagen
Por fin chegou o gran día, a nosa excursión a Marcelle. Todos estabamos moi emocionados!!! Montamos no bus con gran ilusión e decididos a pasalo xenial no parque zoológico.  Marcelle Natureza é un parque zoolóxico localizado no municipio de Outeiro de Rey. Os animais alóxanse en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades físicas e psicolóxicas e proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade. No parque pódese gozar de especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabarín e o oso pardo; así como especies exóticas por exemplo bisontes, linces boreales, suricatos, avestruces, dromedarios, canguros, cebras, capibaras ou armadillos entre outros. Pasámolo xenial:  Un día moi diver!!

FACEMOS BATIDOS CON CUQUI

Imagen
  Hoxe temos unha visita moi especial, visítanos a avoa de Xián. Primeiramente leunos dous contos que lle gustan moito a Xián, entre eles " O ratonciño Pérez". Despois coa súa axuda elaboramos uns batidos con amorodos e plátanos.       Que ricos!! Que ben o pasamos!! Moitas grazas por visitarnos!!

COÑECEMOS A JACKSON POLLOCK

Imagen
  Jackson Pollock é un artista que naceu en Estados Uniddos  (Wyoming). Ao longo do terceiro trimestre aprenderemos: - Quen é Jackson Pollock - Que técnicas utilizaba - Que utensilios - Cales son as súas obras máis importantes - Como é a súa firma....  Entre outras cousas. E así facemos as nosas obras de arte coas técnicas de Jackson Pollock: " SOPRADO CON PALLIÑAS" "OBRA ABSTRACTA CON CANICAS" Colocamos unha cartolina en branco sobre unha bandexa transparente. Logo, deixamos caer varias canicas manchadas de pintura de varias cores e movemos a bandexa varias veces ata que a nosa cartolina estea coloreada.  CRECEULLE O PELO  Deberán de facerlle o pelo soprando con palliñas as pinturas de acuarelas.  Seguiremos investigando....