O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"
"Hoxe é un día especial porque chegamos ao final dun capítulo, pero estou segura de que vós, pequenos graduados, estades listos para comezar o seguinte. Recordo perfectamente o primeiro día que chegastes ao Cole, cheos de ilusión, curiosidade e enerxía. Compartimos moitas cousas marabillosas durante estes anos. Desde aprender a contar e a escribir, ata xogar e rir xuntos. Foron uns anos cheos de aprendizaxes, risas e momentos inesquecibles que sempre levarei no meu corazón. Quero agradecervos de todo corazón por permitirme ser parte das vosas vidas durante estes marabillosos anos. Foi unha honra e un privilexio ser vosa "profe Cris" e ver como crecestes e evolucionastes ao longo do tempo. Sempre levarei comigo os momentos vividos xuntos, as anécdotas compartidas e as leccións aprendidas. Sempre seredes unha parte importante da miña historia, e espero que nunca esquezades a marca que deixades no meu corazón. ...