IMOS DE EXCURSIÓN A QUIROGA
A nosa primeira saída, o xoves fomos de excursión a Quiroga. Primeiramente visitamos o museo Etnográfico. O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga abriu as súas portas o día 24 de marzo de 2007 coa ilusión de investigar, recuperar, xuntar, expoñer e por tanto protexer o Patrimonio Cultural en todas as súas facetas. Na actualidade a colección etnográfica do Museo, composta por algo máis de 1000 pezas recollidas no territorio do Geoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, que agrupa aos Concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, é unha das coleccións etnográficas máis completas e interesantes de Galicia. Os contidos do Museo Etnográfico de Quiroga están relacionados, por unha banda cos catro produtos típicos do Geoparque Montañas do Courel: o viño, a castaña, o aceite e o mel; por outra, cos catro materiais esenciais para o desenvolvemento da vida nesta contorna: a pedra, o ferro, a madeira e os tecidos. Tamén teñen o seu espazo, como non podía ser doutr...