OBRADORIO DE LABORATORIO CON NOELIA
Tivemos unha visita moi especial, a mamá de Leonor. Noelia explicounos en que consiste o seu traballo no laboratorio. O laboratorio é un lugar dotado dos medios necesarios para realizar investigacións, experimentos, prácticas e traballos de carácter científico, tecnolóxico ou técnico; está equipado con instrumentos de medida ou equipos cos que se realizan experimentos, investigacións e prácticas diversas. A través dun microscopio puidemos ver placas con mostras de sangue dalgunhas persoas. Aprendemos e vimos o que son os glóbulos brancos, vermellos e plaquetas. ...