DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE
O Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz é un día especial, e encántanos celebralo pola importancia que ten o deporte para os nenos. O deporte é unha ferramenta fantástica para o desenvolvemento integral dos nenos, tanto a nivel físico, como mental e social. Practicar deporte desde pequenos axúdalles a mellorar a súa capacidade cardiovascular, os músculos, a coordinación e a flexibilidade; o que á súa vez lles axuda a previr enfermidades de maiores e a alcanzar unha boa calidade de vida. O deporte tamén ten un impacto moi positivo no desenvolvemento mental dos nenos e nenas. Pasámolo xenial