O ESTRAÑO SER
O ESTRAÑO SER
Nestes primeiros días, emprendemos unha viaxe ás profundidades máis profundas do fondo mariño da man do noso "amigo candil", un "estraño ser". Fíxemolo a través do conto titulado "O estraño ser" da autora Eva Iglesias e ilustrado por Eva Piay. Primeiramente imaxinámonos como sería "noso ser estraño" . Por exemplo con tres bocas, cinco brazos, dez ollos...e aos poucos cada un deseño o seu " ser estraño".
E así de bonitiños quedaron......
A continuación, escoitamos moi atentamente o conto deixando voar a nosa imaxinación.
Ao finalizar, comentamos o conto respondendo a preguntas como:
- Como se chamaba o estraño ser?
- Onde vivía?
- Que lle gustaría facer?
- A que animais coñeceu?
- Por que se asustaban os animais de Candil?
- Que animal vos gusto máis??
E fixemos unha gran reflexión: "A IMPORTANCIA DA AMIZADE E DE NON XULGAR AS APARENCIAS. "TODOS SOMOS IGUAIS".
Coloreamos a "Candil", o protagonista do conto:
Tamén coloreamos aos animais que se asustaron de "Candil" ao ver o seu aspecto": o cangrexo ermitán, o polbo, o peixe globo, Pulpi..
Para traballar a lectoescritura aproveitando o conto, imaxinamos que das profundidades máis profundas do fondo mariño, xusto onde vivía Candil, viña un submarino cargado de palabras en castelán que comezan por A.
Coa técnica de acuarela recreamos unha das ilustracións do conto e aproveitamos para estampar a palabra "MAR".
E así de chuli quedou....
Comentarios
Publicar un comentario