DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Esta semana celebramos o día das "Bibliotecas Escolares". Para 

conmemorar este día "O Equipo de Biblioteca" proponnos unha 

visita moi especial á Biblio do centro, xa que se converteu no 

mundo máxico de Harry Potter. 

Ao longo do ano traballarase un proxecto centrado en Harry, na 

súa escritora e noutros escritores. Así, pasaremos  a formar 

parte de "Hogwarts Gurriarán" sendo da casa de Slytherin, 

polo que elaboramos os nosos banderíns. 

Cos banderíns e co noso billete subímonos a un tren máxico 

(deixando voar a nosa imaxinación) que nos levou ao mundo de 

Harry. Ao chegar esperábanos o propio Harry Potter, que nos 

contou a súa historia e coa súa varita buscou a maxia que cada 

un esconde no seu interior. 






Pasamos un ratiño moi especial na Biblio con Harry e estamos 

desexando volver a este lugar ta máxico e cheo de aventuras. 




Para terminar a celebración deste día fixemos uns marcapáxinas 

que quedaron súper chulis: 







Comentarios

Entradas populares de este blog

EXCURSIÓN A MARCELLE

O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"

CONVIVENCIA CHOLO E NELA