25 N: "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para conmemorar este día, realizáronse diversas actividades:
- Lectura dun conto: "Os Bolechas co bo trato e a igualdade no Barco de Valdeorras". Conto no que se explican conceptos como o respecto, a igualdade, a empatía, a amizade ou as diferentes emocións que sentimos as persoas.
Para iso os Bolechas contarán coa a xuda de Amaro, un neno valdeorrés con moitas amigas e amigos. Con eles, ademais de aprender moitas cousas sobre si mesmos, coñecerán o fermoso municipio ourensán formado por 14 parroquias e fronteirizo coa impresionante serra do Courel. Un lugar fantástico para visitar e aprender!
- Despois da lectura, comentamos aspectos do conto: a importancia do respecto, da igualdade, a amizade, que non hai traballos de mulleres nin de homes...
- Entre todos eliximos unha palabra relacionada coa temática.
- A continuación, decoramos unha etiqueta con puntiños de cores e pegamos as letras formando a palabra "Liberdade". Será colocada no mural da coprotagonista Hermione, representando a todas as mulleres.
Comentarios
Publicar un comentario