DESCUBRIMOS O OURO MORADO E VERDE- AMARELO

 

A última noticia que tiñamos de Gigurrín, era que se pescudabamos onde nacera mandaríanos a seguinte pista para descubrir que é o ouro morado-verde- amarelo. 

Pois ben, despois de moito investigar descubrimos que naceu en COVAS (no concello de Rubiá) nunha das moitas covas que na Serra da Lastra existen. 


Así que, esperabamos con moita intriga o noso seguinte reto. 

O mércores ao chegar ao Cole non atopamos nada, ningunha carta, pegada ou pista que nos axudase. De súpeto, os nenos da clase de A viñéronnos a buscar para que entre todos pescudásemos que podía pasar. Pero, entre búsqueda e búsqueda chegou o papá de Fabián. Que estaría a facer? Porqué viña ao Cole??

POIS VIÑA DE PARTE DE GIGURRÍN. 

E... SABEDES QUE TRAÍA?

Pois O OURO MORADO E O OURO VERDE- AMARELO que lle entregou Gigurrín para que nolo trouxese ao Cole. 


Ao ver estes tesouros descubrimos que se trataban de UVAS. Menuda sorpresa!! 

O ouro morado eran as uvas tintas e o ouro verde- amarelo eran as uvas brancas, un dos maiores tesouros da nosa comarca. Tesouro...que moitos xa coñecían!!!

José Enrique, ensinounos coidadosamente as uvas e explicounos que eran un tesouro para Gigurrín, Calubriguiña e para as súas familia prehistóricas. Tamén representa un froito moi importante hoxe en día para a nosa comarca, xa que temos moitas viñas nas que crecen moitas variedades de uvas.

Primeiramente ensinounos unha vide, para que recoñecésemos de onde nacen as uvas ( o ouro morado e verde- amarelo).

    

Despois explicounos e ensinou cal é o proceso desde que están na viña ata que chegan ás adegas:

-Temos que cortalas con tesoira, coitelo, navalla ou gancheta para botalos nuns cestos ou caixas.


- Despois levalas ás adegas para esmagarlas 



- Deixanse ferver non cubeto


- Dentro do cubeto fermenta e convértese en viño.



Así, Gigurrín non só mandounos un tesouro senón un experto para que nos explicase a maxia do viño.

E para rematar este obradoiro tan motivador e no que aprendemos moitas cousas, sacámonos foto de grupo e cada un co tesouro. 











Pero para despedidirse, José enrique, deixounos un pequeno agasallo para que investigásemos sobre o 
OURO MARRÓN....






                                                 Xa sabedes cal é o OURO MARRÓN?


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXCURSIÓN A MARCELLE

O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"

CONVIVENCIA CHOLO E NELA