SABI VISITOU A COVA DE GIGURRÍN E ATOPOU O OURO MARRÓN
Sabi foi de paseo pola Serra da Lastra coa súa familia. Foi unha ruta moi interesante onde descubriu moitas cousas.
Paseando entre castiñeiros, viu algo redondiño de cor marrón no chan... Que serán??
Pois si, son castañas, o ouro tan importante para Gigurrín e Calubriguiña. Mirade:
E camiñando, camiñando chegou a entrada dunha cova. De quen será??
Pois, era a cova de Gigurrín e da súa familia que como xa dixemos naceu en COVAS ( concello de Rubiá).
Mirade, alí naceu e viviu Gigurrín!!
Grazas por compartir connosco esta ruta tan bonita pola Serra da Lastra!!




Comentarios
Publicar un comentario