ARTE RUPESTRE: PINTURAS E PETROGLIFOS
OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE:
Esta semana, Gigurrín e Calubriguiña deixáronnos uns debuxos explicándonos as obras de arte que realizaban nas súas covas e nas rocas "ARTE RUPESTRE".
Peroooo...sabedes o que nos contaron???
PINTURAS RUPESTRES
As pinturas rupestres, coñecidas tamén como pinturas prehistóricas, fixéronse fai miles de anos e algunhas delas conserváronse ata os nosos tempos.
Os debuxos facíanse en rocas ou cavernas, que usaban como as súas casas, e grazas a que estaban cubertas e a salvo das inclemencias do tempo, perduraron ata os nosos días.
Principalmente as pinturas rupestres representaban as súas fazañas á hora de cazar. Crese que, nesa época, os nosos antepasados "Os gigurros e os Calubriguenses" pensaban que representar esa acción de cazar animais como cabalos, bisontes ou cervos axudaríalles a ter máis sorte.
Tamén se poden observar debuxos de moitos outros tipos, como danzas rituais ou a recolección de froitas, así como moitos signos dos que se descoñece o seu significado.
As cores utilizadas foron o negro e as tonalidades avermelladas, ocres e violáceas, que son as máis fáciles de obter na natureza. Ademais de pintar coas mans, os primitivos facían uso de instrumentos como pinceis de pelo animal, ramas queimadas ou canas ocas coas que soprar a pintura.
Así que, convertémonos en primitivos e pintamos na nosa cova. Plasmamos as nosas mans, debuxamos animais e os símbolos que se nos ocorreron...














Comentarios
Publicar un comentario