COÑECEMOS A SERRA DA LASTRA CON RUBÉN, O PAPÁ DE SABI.

Os detectives, exploradores e espías tiñan un reto moi importante!! Tiñan que pescudar cal... é A ÁRBORE QUE DÁ NOME AO PARQUE NATURAL DA NOSA COMARCA....

Moi ben.... A Enciña!!!! Reto conseguido!!!
Xenial equipos!!!


Poisss..imos adentrarnos na Serra da Enciña da Lastra da man do papá de Sabi. Un lugar cheo de escuros segredos, encaixada nos vales do río Sil.

Primeiramente a través duns murais, ensinounos como é a Serra da Lastra, zona de innumerables grutas onde naceron os primeiros poboadores da nosa comarca "Os Gigurros" e os "Calubriguenses", concretamente "en Covas". Lugar que moitos xa fostes a visitar.  
En segundo lugar, comentounos que ten un clima mediterráneo, os distintos animais como águia real, árbores e flores típicos que podemos atoparnos. 
E tróuxonos uns xogos súper divers: 

1.Nun mural da Serra da Enciña da Lastra, tiñamos que pegar os animais, árbores e 
flores típicos da Serra.

2. A continuación, entregoulle a cada grupo formado por 2 nenos/as  unha tarxeta coa parte dun animal. Cada grupo, debería buscar o animal que se corresponde coa devandita parte. 







Para finalizar, regalounos un caderno que será o noso diario para anotar ou debuxar as árbores ou animais que observamos nos nosas rutas pola Serra da Enciña da Lastra.

Moitas grazas por esta visita, aprendimos moitas cousas!!!






 

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXCURSIÓN A MARCELLE

O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"

CONVIVENCIA CHOLO E NELA