LEONOR, UN DÍA INCRIBLE COS AVÓS!!
Hoxe, Leonor, tiña unha noticia moi importante que contarnos: a tarde do xoves foi a visitar aos seus avós e pasouno xenial!!. Primeiro, prepararon unha rica merenda, chourizos asados na cociña de leña.
Despois, estivo a xogar coas maquillaxes das bonecas, a unha pintoulle o pelo de cores e déronlle un bico de amorodo:
Mais tarde, cos avós puxo o Belén con todas as súas figuriñas...Que bonito!!
Pasou un día incrible cos avós, pois lle encanta ir visitalos







Comentarios
Publicar un comentario