CALES ERAN OS OFICIOS DOS CASTREXOS? CONVERTÉMONOS EN OURIVES
Repasamos todo o que aprendimos sobre a cultura castrexa e seguimos investigando...
PEROOO... A QUE SE DEDICABAN? CALES ERAN OS SEUS OFICIOS?
Dedicábanse a diversos oficios como ourives, oleiros, metalúrxicos, eran bos canteiros, pescadores, cazadores e ferocces guerreiros que defendían o castro.
Os metalúrxicos fabricaban anzós, fouces, alfinetes, coitelos e forxaban ferramentas e armas en moldes de pedra onde vertían o metal fundido.
Os canteiros contruían as diversas casas dos castros e muros co pedra do granito. Os canteiros e escultores esculpían en pedra cabezas humanas e de animais, estatuas, pías, os adornos para os muros. Estes adornos tiñan formas xeométricas, como círculos, espirais, trisqueis..
Os oleiros modelaban vasillas, vasos e ánforas de cerámica.
Os ourives castrexos facían alfaias preciosas, que hoxe podemos ver en moitos museos galegos: bríncos, colares, broches, diademas, torques, entre outros.
Así que, por un día seremos ourives e imos deseñar os nosos propios colares como facían os castrexos. Para iso, utilizamos unha masa elaborada con fariña, auga, sal e aceite.
PASOS:
1. Amasamos ben
2. Engadimos colorante
3. E tachannn...os nosos colares:

.jpg)




Comentarios
Publicar un comentario