8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8M "Día Internacional da muller, é un día moi especial para todas as mulleres. Neste día lembramos todo o que fixemos as mulleres ao longo da historia.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas podamos estudar, dicir o que pensamos, participar en diversas actividades, xogar xuntos ou soñar cando crezamos. Pero non sempre foi así, fai algún tempo as mulleres só podíanse dedicar as tarefas do fogar.
Moitas non estaban conformes e a pesar das dificultades, escondéndose ou disfrazándose, fixéronse científicas, pintoras, médicas, escritoras, inventoras..
A verdade é que lles debemos moito a estas mulleres porque fixeron posible o que parecía impensable. E xa ninguén pode dicir: "non podes facer iso porque es nena ou porque es neno"
Ao longo da semana, para conmemorar este día decidimos investigar a "Elena Quiroga, xa que viviu na nosa terra.
Elena Quiroga e Abarca naceu o 26 de outubro de 1921 en Santander, filla de Don José Quiroga Velarde, conde de San Martiño de Quiroga e de Isabel de Abarca e Fornés. Viviu na pequena localidade de Viloira (O Barco de Valdeorras, Ourense), berce do seu pai, onde os condes de San Martiño de Quiroga tiñan un pazo -unha casa señorial- a Casa Grande de Viloira, que posteriormente pasou a ser propiedade da Xunta de Galicia.
Elena Quiroga publicou a súa primeira novela aos vinte e oito anos, A Soidade sonora (1949), na que relata as aventuras da vida dunha muller desde a súa adolescencia ata a súa madurez. Un par de anos despois, mudouse a Madrid, coincidindo coa publicación da súa seguinte novela, Vento do Norte (1951), historia que narra as relacións entre unha nova serventa e o seu ancián señor e que foi galardoada co Premio Nadal 1950.
















.jpg)



Comentarios
Publicar un comentario