FACEMOS MOSAICOS COMO OS ROMANOS
Os mosaicos eran para os romanos un elemento decorativo para os espazos arquitectónicos.
A obra do mosaico realizábase sobre todo en grandes superficies planas, como paredes, chans e teitos, pero tamén se adaptou a simples obxectos ou pequenos paneis.
Os romanos construían os mosaicos con pequenas pezas cúbicas chamadas teselas. A palabra tesela vén do latín tessellae, que á súa vez vén do grego e que significa, catro. Así a obra de mosaico chamábase opus tessellatum. O material destas teselas era rocas calcáreas, vidro coloreado, cerámica, etc.
Nós imos elaborar o noso propio mosaico:
E este foi o resultado:














Comentarios
Publicar un comentario