NA SEMANA DA CIENCIA.....

 
Na semana da ciencia convertémonos en científicos e descubrimos que: 
- Os globos pódense inflar sós cando se produce unha reacción química entre o bicarbonato sódico e o vinagre.
- Podemos transferir os nosos debuxos dunha culler á nosa man.
Mira, mira....estes foron os pasos: 

QUE LLES PASA AOS GLOBOS?

O martes veu visitarnos a mamá dun compañeiro para realizar o experimento " Os globos que se inflan sós".


Primeiramente necesitamos:
- Globos
- 1 embude
- 1 Botella de plástico con vinagre
- 3/4 culleradas de bicarbonato sódico
Pasos: 
- Cada neno depositou 3/4 culleradas de bicarbonato nun globo atado ao embude. 
- Collemos o globo con moito coidado e poñémolo na boca da botella que contén vinagre. 
- A continuación, despaciño dámoslle a volta ao globo que contén bicarbonato e ao entrar en contacto co vinagre prodúcese unha reacción química que infla o globo.




 

   


                 

                                               




































Pasámolo xenial!!

TRANSFERIMOS DEBUXOS

O xoves con axuda da profe Bea transferimos debuxos.
 
Necesitamos:
- Culler de porcelana ou metálica.
- Rotuladores
- Auga quente.

Pasos:
-Primeiramente realizamos un debuxo nunha culler de porcela ou metálica.
- Introducimos a culler en auga quente e aos poucos despréndese o debuxo da culler.
- A continuación, poñemos a man para que o debuxo péguese.


























Que ben o pasamos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXCURSIÓN A MARCELLE

O GRAN DÍA: "A GRADUACIÓN"

CONVIVENCIA CHOLO E NELA