O xoves tivemos unha visita moi especial, a mamá de Alba. Convertémonos en cociñeiros e elaboramos un doce de Nadal, " unhas árbores de nutella". Primeiramente preparamos a masa, a untamos con nutella e cortámola en tiras. A continuación, cada neno enroscou a súa tira facendo un churro. Colocámola virando para formar unha árbore e fixemos unha estrela. Despois a untamos ben con ovo e ao forno. Ao cabo de 10 minutos no forno...tachan, tachan... saíron ricas árbores de nutella. E, así de ricas quedáronnos: Que ben o pasamos!! E que ricas!! Moitas grazas pola visita e volve pronto.
Foi unha semana moi emocionante: - Na nosa mesa de experimentación buscamos arañas, grilos...entre boliñas de cores e escuma de cor azul. - Elaboramos monstros, pantasmas e morcegos. - Visitamos a exposición de cabazas. - Xogamos ao sudoku, dobres, labirintos e ruleta de Samaín. - Lemos obxectos relacionados con Samaín. - Convertémonos en bruxos e bruxas para preparar unha apócema : 2 arañas, 1 ollo, 1 ciempiés, sangue de mosquito... -Disfrazámonos. - Entramos na casa encantada experimentando coa luz negra. - Bailamos, reimos e cantamos... Foi unha semana terriblemente divertidaaaaa!!!
Benvidos peques!! Comeza unha nova aventura, un curso que seguro será especial. É momento de coller a mochila, novas pinturas, eses libros con cheiro a novo... Sen esquecernos de incluír algunhas das cousas indispensables para este novo comezo: ilusión por aprender cousas novas, entusiasmo por ver aos vosos amigos, ganas de reencontros, abrazos que quedaron pendentes, risas cheas de nervios por volver empezar... Deséxovos un curso cheo de emocións. Que vos emocionedes e sorriades coa mesma facilidade, que non deixedes de aprender cun sorriso, que gocedes do cole e de todo o que se vive entre estas paredes. Lembrade que aprender e ser feliz han de ir da man. Sodes os protagonistas deste bonito conto. Un reencontro cheo de emoción: Bo inicio de curso!!
Comentarios
Publicar un comentario